MANIFESTO DE SOUTOMAIOR. PARTICIPACIÓN NO CLUB FARO.
Dende o Club Faro teñen interese en realizar o vindeiro 1 de marzo ás
20:00h no auditorio do MARCO unha charla na que se poña en valor esta
iniciativa, ao tempo que se realice unha análise de situación das
profesionais da escrita dende todos os perfís profesionais.
Dado que non podemos estar todas as asinantes como relatoras, e
gustaríanos que fose participativa e representativa, a nosa proposta
sería a seguinte:
- Presidenta e vicepresidenta do Manifesto (en caso de que non poida desprazarse, a persoa en quen delegue).
- Proposta da idea do Manifesto : Isabel Blanco.
- Dúas escritoras en representación das asinantes
- A editora: Edurne Baines.
- A libreira: Mercedes Corbillón.
Dado que sodes varias as escritoras asinantes, gustaríanos coñecer
cales tedes dispoñibilidade e así elixades entre todas as dúas, para
confirmar as representantes finais.
Quedando a espera das vosas propostas, precisamos ter resposta o antes
posible aquí , dado que queren facer pública e difundir a programación do
mes de marzo.
Unha forte aperta para todas.